top of page

Resultado da enquisa

Queremos agradecer encarecidamente a todos os compañeiros e compañeiras que aportaron ideas e fixeron a enquisa, non esperábamos tanta participación.

 

Os resultados deixaron claro que agora máis que nunca temos que loitar pola transparencia, a CGT sempre vai dar a cara polos traballadores que están silenciados, as elites non nos precisan, ti si.

 

As maiores demandas son a Transparencia na xunta de persoal, a modificación da RPT, a modificación do regulamento de carreira horizontal para que non exista retroceso ao subir de nivel, mellorar a conciliación, ou a seguridade laboral entre outras.

​

As principais aportacións ademáis das preguntas foron relativas a:

​

-Consolidar as melloras acadadas nestes anos e seguir mellorando o máximo posible tanto a nivel retributivo como en dereitos laborais

-Mais oportunidades de promoción

-Promoción interna axeitada, ofrecemento de postos de nivel a persoas do Concello de Narón en primeiro lugar e non concursos para que entren funcionarios doutros Concellos.

-Mesmo traballo mesmo soldo

​

Respecto as cuestions a modifica na xunta de persoal:

​

-Transparencia e comunicación.

-Mas información cara os traballadores en relación cos acordos adoptados e medidas plantexadas.

​

Con esta información, a CGT está a elaborar un programa realista, que ten como finalidade chegar a acordos e conseguir que se poñan enriba da mesa de negociación.

​

​

De novo GRAZAS.

​

​

​

DESCARGAR RESULTADO DA ENQUISA

bottom of page