top of page
manos

Programa eleccións sindicais 2023

O martes 13 de Xuño, celebramos as eleccións sindicais para elixir aos novos membros da “Xunta de Persoal” do persoal funcionario -nove membr@s- para os próximos catro anos.
Dende a CGT esperamos a elección de compañeir@s que traballarán por alcanzar o benestar do persoal deste Concello, mediante acordos, buscando o equilibro entre a excelencia na atención ao cidadán e as condicións de traballo de cada un de nós.
Pero non nos enganemos, as condicións de traballo están moi lonxe da excelencia para moitos dos traballadores e traballadoras desta casa, especialmente aqueles que nunca foron escoitados, están silenciados ou que non ven resoltas as súas dúbidas e teñen problemas para coñecer a fondo os seus dereitos laborais e retributivos.

A nosa candidatura ten como eixos vertebradores do Compromiso, a Honestidade, a Coherencia, a Reivindicación, a Información, o Traballo e a Transparencia con todas e cada unha das persoas que compoñen o persoal municipal. Por iso, cumpriremos tamén co código ético da CGT, dar contas do crédito horario empregado nunha memoria anual.

Dende unha constante reivindicación construtiva como modelo de acción sindical defenderemos os dereitos de todos os traballadores e traballadoras, só precisamos contar co teu voto para que as cousas cambien, e que Narón conte por fin cunha Xunta de persoal plural, e remate coas desigualdades e coas inxustizas entre traballadores e traballadoras; que ninguén decida por tí.

​

A nosa candidatura ten un espírito diferente, rebelde e transformador para rematar co que non     creemos que sexa xusto, recorda “Unha viaxe de mil leguas comeza con un só paso”, o primeiro paso é o teu apoio.

​

A nosa candidatura foi elaborada buscando un perfil de persoas con experiencia sindical e con capacidade de negociación e de obtención de acordos, empregando o talante pero tendo capacidade de reivindicación e rebeldía. Dita candidatura, atenderá durante os seguintes 4 anos as peticións de todos e cada un dos traballadores e traballadoras do concello para que sexan debatidas na mesa, a día de hoxe, consideramos entre as nosas prioridades:

  • Dar transparencia ás mesas da Xunta de Persoal e a todos os asuntos que afecten aos traballadores e traballadoras mediante a publicación de actas e a realización de asembleas periódicas, que hoxe non existen, onde se debatan as propostas que, unha vez ratificadas, os/as representantes deberán defender. Propoñeremos tamén a gravación en vídeo  das reunións da Xunta.

  • Conseguir unha RPT actualizada con: definición, clasificación e valoración dos postos de traballo mediante metodoloxías obxectivas, transparentes, fáciles de xestionar que incidan na mellora da calidade dos servizos ofrecidos á cidadanía, melloren aquelas retribucións que están por debaixo do que deberían e consoliden aquelas correctas, de xeito que supoña mellora de poder adquisitivo para todos os traballadores e traballadoras.

  • Promover a mellora dos niveis e complementos, que están entre os máis baixos da comarca para a maioría dos traballadores e traballadoras.

  • Apertura do complemento específico en todos aqueles postos que realicen funcións de superior categoría ata que concluía a OPE ou proceso de promoción interna dos mesmos.

  • Igualar as cantidades a percibir por trienios ás do grupo A.

  • XORNADA de 35 HORAS semanais e a súa equivalencia en xornada anual máxima.

  • Favorecer as promocións internas e as novas incorporacións evitando a temporalidade. Incluír na OEP como mínimo o 100% das prazas vacantes durante o ano, sen amortizalas. Impulsaremos tamén que o persoal funcionario se xubile como máximo á idade ordinaria, sempre e cando cotizaran os anos pertinentes para cobrar o 100%, suprimindo a extensión voluntaria da vida laboral.

​

  • Promover a mellora do regulamento de carreira horizontal, potenciando a carreira profesional de todos os empregados municipais, de xeito que non se perdan os dereitos de carreira adquiridos no caso de promoción interna; que a promoción non supoña, en  ningún caso, a perda de poder adquisitivo.

  • Prestacións sociais; que sexan inversamente proporcionais aos ingresos do traballador/a. 

  • Promover a mellora da conciliación familiar, con un xeito eficaz e eficiente de tratar e compatibilizar o tempo de traballo co tempo de lecer ou de atención ás nosas familias.

  • Promover unha formación en horas de traballo que permita unha actualización permanente do traballador ao posto de traballo que desenvolve.

  • Ampliación dos conceptos de permisos e licenzas retribuídos, considerando especialmente aqueles que afecten a traballadoras/es con persoas dependentes ao seu cargo.

  • Aplicación da lexislación vixente de PRL en todos os postos de traballo e facer un seguimento da mesma, impulsando ademais a creación dun Plan de Igualdade para o persoal municipal e un protocolo de acoso laboral.

  • Elaborar un catálogo de postos adaptados e de Segunda Actividade para desenvolver naquelas categorías que polas características do seu traballo o demanden.

  • Mellorar a normativa de teletraballo, promovendo o seu uso para garantir a necesaria conciliación laboral e familiar.

 

Estes e outros puntos forman parte do noso proxecto común na procura da unidade, o diálogo, a transparencia e a igualdade para todos os traballadores e traballadoras do Concello de Narón.

A CGT ten reclamado xa, a día de hoxe, dereitos para os traballadores e traballadoras do Concello de Narón no contencioso administrativo, así como na inspección de traballo, polo que  apoiarnos dá ao teu voto un valor garantido por adiantado. Non partimos dunha hipótese, xa somos esa realidade de cambio para todos aqueles traballadores e traballadoras silenciados polas elites, xa estamos aquí, por fin para poñer na Xunta de persoal a todos e todas, mediante unha representación efectiva.

Si tes algunha consulta e queres contactar connosco contarás coa maior discreción, ben sexa para aportar ideas, colaborar na nosa campaña ou resolver dúbidas. Todos os traballadores e traballadoras deben ser escoitados.

bottom of page